Tempo Fuxido

Verbas amoreadas

20101225

Desexos de Nadal


Chegados ó tempo do Nadal, o primeiro de todo é desexarvos ós que ledes estas liñas que vivades o mellor posible estes días. Bo Nadal a todos.

Entre Reis Magos, apalpador e comezo de ano, nestas datas non paran de pasar polo noso maxín unha chea de desexos. Non o neguedes, que como mínimo fixo que entre tanto anuncio cargado de puro consumismo e recuberto de espírito do Nadal algo se vos antollou desexar.

Pero xa non somos nenos para desexar xoguetes e agasallos multicores. Ademais tamén deixamos de ser crédulos babecos que pensan que co comezo de ano van sufrir un cambio transcendental na súa vida, o cal lles permitirá deixar atrás esas cousas que dos anos pasados rexeitamos.

En cambio si existen desexos máis reais e plausibles que se atopan ó alcance da nosa man. Desexos sinxelos que como grans de area poden chegar a ser tan imparables como unha duna nun deserto. Eses son os desexos que se deberían ter e intentar realizar tanto nestas datas como en calquera outro momento. Vou enumerar algúns dos desexos que se me ocorren agora:
  • Publicar máis asiduamente nesta bitácora.
  • Ser máis construtivo cos próximos montes de verbas que deposite aquí. Sendo so crítico coas cousas non se cambia nada.
  • Ter ideas, moitas e boas ideas.


P.D: Admítense máis desexos para engadir a listaxe.

Etiquetas: ,

Amoreado por dg ~ 17:46  

Outros amoreadores

Moreas pasadas

Música ceibe

   
   

Arquivo

Créditos

Hospedaxe ofrecida por Blogger

Estadísticas ofrecidas por StatCounter

Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 España

Recoñecemento       Non comercial      Compartir baixo a mesma licenza

Algúns dereitos reservados

Sindicación: Atom 0.3

Sindicación: RSS 2.0