Extraño feito sociolóxico o que logran os anuncios de publicidade as veces, e non me refiro a que nos aumente a quentura consumista, se non o gran calado que conseguen para algúns dos seus breves acompañamentos musicais. Moitas veces trátase de cancións de grupos pouco coñecidos pero máis sorprendete é cando a nosa atención enredase nuns cantos segundos dunha canción xestada aposta.
Este último é o caso do anuncio de Movistar "Tarifa Plana Internet: Amigos". Dende que saiu na tele moitos foros estan cheos de xente intentando conseguir e averiguar cal é dita canción. Vese que debía tratarse de moita xente dado que finalmente Movistar acaba de pola a disposición de quen queira na súa páxina web.
Por se alguén non sabe cal é dita melodía ou non a escoitou ainda na súa totalidade so ten que premer en play.
Moitas veces ser elixidos para un anuncio é o mellor que lle pode pasar a unha banda. Tamén poden quedar "encasillados" Outra boa oportunidade é ser a canción da "Vuelta a España" Eu ando a recopilar as cancións da Vuelta no blog.